CIUG

Busca en Internet

.

viernes, 25 de septiembre de 2015

A LITERATURA GREGA : BREVE PANORAMA DA LITERATURA GREGA

1) CARACTERÍSTICAS


literatura grega da Antigüedade exerceu gran influenza en toda a cultura occidental. As súas principais características son:

  • Nace moi unida á mitoloxía, e tamén ós feitos e personaxes do pasado.
  • É moi orixinal nos temas e nas formas.
  • Suscita temas e reflexións que seguen vixentes na actualidade.
  • As obras presentan os eternos problemas do ser humano: liberdade, oposición ó poder arbitrario, ás grandes pasións humanas ( amor, venganza, odio...), os conflictos entre o individuo e a sociedade....
  • Cultiváronse todos os xéneros: épica, lírica, dramática, novela, fábula...
  • Destacaron a epopeia (Homero) e a traxedia (Esquilo, Sófocles, Eurípides).
  • Lográronse obras de gran perfección (Odisea, Antígona, Edipo rei, Medea...).



2) A ÉPICA GREGA: POEMAS HOMÉRICOS

A Ilíada e a Odisea son dous epopeias (poemas extensos que narran fazañas heroicas) que se atribúen a Homero.

Ambas obras teñen como tema de fondo o mesmo asunto: a guerra de Troia.

Segundo a lenda, o fermoso Paris (fillo de Príamo, rei de Troia) durante unha viaxe a Esparta raptou a Helena (a muller de Menelao . Menelao era o rei da cidade e irmán do gran rei grego Agamenón).

Indignados, os gregos enviaron mensaxeiros a Troia para reclamar a Helena. Ante o fracaso da embaxada, Menelao esixiu o rescate da súa esposa. Organizou , entón, unha enorme expedición de naves gregas, que iniciaron a guerra contra Troia.

Na Ilíada nárranse os últimos acontecementos da guerra.  Na Odisea relátase a volta dun dos capitáns gregos, Ulises, dende Troia ata a súa patria, Ítaca. Na Ilíaa nárranse os últimos acontecementos da guerra.

Crese que Homero escribiu os poemas no século IX a.C., pero os feitos ós que alude puideron suceder tres séculos antes. Ambos textos están escritos en hexámetros gregos.

  • Na Odisea, relátase a volta dun dos capitáns gregos, Ulises (tamén chamado Odiseo), desde Troia ata a súa patria, Ítaca. Preséntase case como unha novela de aventuras e nese sentido é máis cerana ó lector actual que a Ilíada. Na Odisea temos qe resaltar o gran papel concedido ás mulleres, ata o punto de que algúns investigadores cren ver algunha man femenina na redacción da obra.  Ese papel das mulleres céntrase non só en Penélope a esposa de Ulises), senón tamén noutras, comoa súa nái, que visita no Hades (o mundo dos mortos, a encantadora Circe, a bella Calipson, a xoven Nausícaa, as seresas...A mellor arma de Ulises é o seu  mētis ou astucia. É capaz de escapar dos continuos problemas ós que que terá que enfontarse por designio dos deuses.A estructura da Odisea divídese en 24 cantos distribuidos do seguinte modo: Cantos I-IV: En Ítaca viven a muller de Ulises, Penélope, e o seu fillo Telémaco. Mentras este saen en busca do seu pai, os pretendentes da nai traman a súa morte. Cantos IX-XIII: Ulises relata as aventuras qe sufriu dende que saiu de Troia. Cantos XIII-XXIV: Ulises chega a Ítaca. Reencóntrase coa súa familia e criados, mata ós pretendentes de Penélope, sofoca a sublevación dos familiares dos mortos e consegue a paz final.
  • Na Ilíada, ensálzase ó heroe grego Aquiles, que participa na guerra de Troia, A acción desta epopeia comeza cun enfrontamento de Agamenón e Aquiles pola fermosa cautiva troiana Briseida. Surxe a cólera de Aquiles, que vén a ser o gran tema desta obra. Aquiles, furioso, retírase do combate e vaise relatando os fracasos dos gregos. O mesmo Agamenón suplica a Aquiles para que volte ó campo de batalla. Pero a furia do heroe só cede cando o troiano Héctor mata ó seu gran protexido, o xoven Patroclo. Nese momento, Aquiles volta ó combate, enfróntase ó troiano Héctor e o mata. O rei de Troia, pai de Héctor, pide a Aquiles que lle devolva o cadáver do seu fillo e ambos bandos establecen unha prórroga de once días nos combates. Neses días sen guerra, os troianos aproveitan para facer as honras fúnebres ó seu heroe Héctor.



3) A LÍRICA GREGA:

As primeiras manifestacións da lírica grega pertenceron a poetas cultos. Destacamos dentro da lírica culta dous tipos de poesía: a poesía de tipo máis personal e a poesía coral.

  • ANACREONTE E A POESÍA DE TIPO MÁIS PERSOALAnacreonte naceu na segunda metade do século VI a.C. Foi un poeta profesional que alegraba as festas e o ocio dos príncipes e reis. Consérvase soamente parte dos seus cinco libros de himnos, elexías e cantos eróticos. A súa poesía e graciosa, intrascendente e fácil, e os seus temas son a xuventude, o amor e os goces da vida. Deu nome á chamada poesía anacreóntica, que trata eses mesmos temas.Na literatura española imitaron a Anacreonte escritores da categoría de Quevedo ou Meléndez Valdés.

  • PÍNDARO E A POESÍA CORAL: Píndaro (521-441 a.C) é  o cantor dos gañadores das competicións atléticas. A importancia dos xogos para a antigua Grecia, o interese por coñecer e exaltar ós vencedores e a calidade da súa poesía  converten a Píndaro no principal poeta grego da Antigüedade. Del se conservan case medio centenar de cantos triunfais, como a súa obra Odas triunfais.




4O TEATRO GREGO:

O teatro grego tuvo á súa orixe nas festas en honor a Dionisos (deus do viño e das festas). Naquelas celebracións formábase un coro que entoaba cantos interrumpidos por comentarios de un corifeo ou director. Eses cantos a Dionisos deron orixe, en principio, á traxedia. Pero tamén é posible que a comedia se iniciara de forma parecida. A diferenza estaba en que a traxedia desenrolábase nos ambientes urbanos, en Atenas, mentres que a comedia iba unida á alegría  e ás diversións das zonas rurais.



4.1) A TRAXEDIA GREGA:

A traxedia é unha das grandes creacións do pobo grego. O seu período de esplendor foi entre os séculos V e IV a.C. Os tres grandes autores foron: EsquiloSófocles e Eurípides.


- As características da traxedia grega son as seguintes:
  • Temas: Utiliza a mitoloxía e as lendas de épocas remotas; a menudo teñen que ver cos heroes dos poemas de Homero.
  • Argumento e acción. A traxedia inclúe a morte como elemento fundamental, morte unida a destinos tráxicos, a grandes conflictos familiares, personais e sociais.
  • Personaxes: Soen ser poucos e de diversos estamentos : os personaxes principais son de clase alta (reis, nobres e os seus fillos e parentes) e hai personaxes secundarios como soldados, mensaxeiros, adiviños... Presérntanse en escena igualmente homes e mulleres. Soe actuar o coro, unhas veces como comentarista do que acaba de ocurrir, outas como anticipador do que vai suceder, e incluso tamén pode funcionar como a conciencia do espectador e expresar a súa profunda reflexión. Papel relevante é o do corifeo ou guía principal do coro.
  • Grandes pasións: No desenrolo dos argumentos entran a formar parte as grandes paixóns do ser humano como a vinganza, o amor, o deber, os celos, a avaricia, o odio, a defensa da patria...
  • O hado e a liberdade: Hai na traxedia grega influenza do hado ou sino que pesa sobre os personaxes, pero tamén quedan marxes de liberdade para que a persoa tome as súas decisións e sea responsable dos seus actos.
  • O elemento relixioso: Os personaxes acoden frecuentemente ós deuses e o máis alá, como referente de conductas e como inspiradores ou condicionadores das accións humanas.


Esquilo (h.525-456 a.C) foi quen introduxo as innovacións que deron forma defintiva á traxedia, sobre todo ó incluir en escena, ademáis do coro, dous personaxes, e máis tarde, influido por Sófocles, un terceiro, e ó fixar a indumentaria de cada actor. Del só se conservan sete obras: a triloxía A Orestíada (Agamenón, As Coéforas, As Euménides), Prometeo encadeadoAs supricantesOs persas e Os sete contra Tebas. Os temas de Esquilo están basados na mitoloxía e as lendas. Os seus personaxes, como nas epopeias, teñen reaccións desmedidas na loita contra un tráxico destino que lles vén imposto. A trama sempre é sinxela, os finais son coñecidos polos espectores, porque pertencen á tradición, e o que queda como importante é a lección moral que se desprende das accións que ese personaxes se ven obligados a realizar.

- Sófocles (495-405 a.C) logrou algunhas innovacións importantes no teatro grego do seu tempo ó introducir ó terceiro actor, ó aumentar os compoñentes do coro e ó lograr que as súas personaxes evolucionaran ó longo da acción. Xa non son os heroes semidivinos de Esquilo, senón seres cercanos que razoan, sofren e se enfrontan a dilemas nos que teñen que decidir. Das aproximadamente 130 obras que escribiu, chegáronnos íntegras sete: Edipo rei AntígonaElectra ÁyaxTraquiniasFiloctetes Edipo en ColonoEdipo rei é considerada a obra máis importante de Sófocles. O argumento é o seguinte: O rei  Layo ten un fillo, Edipo, Os oráculos avisan a Layo de que o seu fillo o matará e que se casará coa raíña. O rei mata apartalo pero o seu verdugo apiádase de Edipo e abandónao nun bosque. Finalmente sucederá o que os oráculos predeciron. Edipo mata ó seu pai e se casa coa súa nai (Yocasta). Ó coñecer a verdade, abrumado pola súa mala sorte, arríncase os ollos e bótase en peregrinaxe.


Eurípides (480-406 a.C). Foi o terceiro gran tráxico grego. Como os seus predecesores, tomou tamén os seus temas das antigas lendas sobre Troia ou Tebas, pero diferénzase de Sófocles ou Esquilo no modo de tratalos. Os seus personaxes perden a grandeza épica, o tempo que ganan na tráxica humanidade: o autor os amosa cheos de paixóns que están sempre rozando as accións más viles. O teatro de Eurípides resulta a menudo pesimista pola abundancia de crímenes, suicidios e tráxicos destinos. Tal vez por isto, en vida Eurípedes tivo menos éxito que Sófocles. Del se conservan dezaoito traxedias e un drama satírico. As obras que máis se lembran na actualidade son; Medea, Electra, Ifixenia en Táuride, Ifixenia en Aúlide, Andrómaca e Hipólito. Medea relata a vinganza da muller enfurecida ante o rexeitamenti do marido. ó verse repudiada por Jasón, que se vai con Creusa, muller máis xoven e rica, Medea trama a vinganza. El a quere convencer decindo que é bo que se case coa filla dun poderoso, pois así os seus fillos (os de Medea e Jasón) chegarán a máis. Simulando obedecer a Jasón, Medea executa a vinganza enviando á novia unha túnica que abrasará a quen a toque. Ademais, Medea segue coa súa venganza ó matar ós seus propios fillos.



4.2) A COMEDIA GREGA:

Fronte ás clases altas, que gostaban máis da traxedia, o pobo chan veíase máis identificado na comedia e disfrutaba coas burlas e sátiras, as súas parodias e risas. Destacan opus autores: Aristófanes e Menandro:

Aristófanes (Atenas, 445-387). Foi un dos cultivadores da comedia grega. Coñecemos del soamente once comedias, nas que criticaba a charlatanería de políticos e de filósofos, manifestábase contra a guerra e se burlaba de escritores e de toda clase de personaxes, como Sócrates, Eurípides... As súas obras xa non transcurrían en palacios de reis ou príncipes, senón na rúa, por onde pululaban seres ignorantes , ambiciosos, ridículos, piadosos, malvados...Con Aristófanes chegóu ó teatro a vida de cada día, a xente sinxela. E a súa finalidade non está na reflexión sobre os grandes dramas humanos, senón que pasa a ser a alegría das festas. Por iso, as súas obras están cheas de chistes, xogos de palabras e de todo tipo de situacións disparatadas, nas que aparece con frecuencia unha linguaxe onde abunda o sensual , sexual e escatolóxico. Entre as súas obras destacan: Lisístrata, A Paz, As rás, A asamblea das mulleres, As avespas e As aves.

Menandro (h.342-h.291 a.C.), Fronte a comedia de Aristófanes, de intención política e principalmente burlesca, a comedia de Menandro achégase máis a un teatro de costumes, acorde cunha sociedade máis urbana e estabilizada. Ahora non se ridiculizan a políticos, filósofos ou escritores, senón a estereotipos como o avaro, o soldado fanfarrón, a moza desventurada, o mozo e os seus amoríos, a interesada cortesá ou o esclavo infiel. De Menandro só se conserva íntegra unha única obra: O misántropo; é unha verdadeira comedia de costumes, de ambiente rural e acertada caracterización de personaxes.


5)  A FÁBULA E A NOVELA GREGA

Na literatura grega antiga tamén destacan suxéneros narrativos como a fábula e a novela.

5.1) A FÁBULA GREGA:

O máximo representante é Esopo. Temos poucos datos da súa vida. Pénsase que viviu no século VI a.C. Era escravo e recopilou, aproximadamente, unhas cincocentas fábulas. O contexto onde se recopilan estes relatos é o dunha sociedade agraria, familiarizada con todo tipo de animais, que soen ser os seus protagonistas e representan os vicios e as virtudes. Nas fábulas hai moitos rasgos da psicoloxía do pobo, que ten que enfrontarse ós abusos dos poderosos. Tamén é peculiar delas o carácter moralista ( soen cerrarse cunha moralexa ou reflexión final) e unha frecuente exaltación da prudencia, a moderación, a astucia...Son relatos breves e concisos, nos que sempre hai algo de acción. E se presentan baixo unha forma alegórica: a partir dunha historia concreta hai que entender outra realidade.


5.2) A NOVELA GREGA:
A novela en Grecia foi unha creación tardía. Só chegounos unha obra do século II, Dafnis e Cloe, de Longo.  Os seus protagonistas non son heroes famosos senón dous pastores. Todo se desenrola nos campos  próximos onde dous adolescentes chamados Dafne (rapaz de 15 anos) e Cloe (rapaza de 13 anos) se coñecen. Ambos comparten tantas horas cos seus rabaños que entre eles vai surxindo unha atracción da que non son moi conscientes. Nace o amor e todo se converte en aprendizaxe, con momentos cheos de sensualidade e de suave erotismo. O ritmo das estacións vai marcando a vida e o traballo dos dous, e tamén o camiño cara a madurez e cara o enlace  matrimonial.


No hay comentarios:

Publicar un comentario