O exame constará de dúas opcións como nas
anteriores convocatorias (opción A e opción B) e cada estudante terá que elixir
unha delas sen que poida mesturar preguntas dunha opción coas da outra. Cada
opción constará de tres exercicios, un teórico, un para relacionar e
contextualizar autores/as e un no que o estudante deberá realizar unha análise
literaria dun fragmento ou poema pertencente a unha das obras de lectura obrigatorias.
1. Tema (2 puntos).
Unha pregunta teórica onde o
estudante deberá desenvolver un tema da materia de Literatura Universal
Ex.: Desenvolva o seguinte tema: A
lírica do amor no Renacemento.
2. Relacionar e contextualizar (1 punto).
O estudante deberá relacionar 5
autores/as coas súas obras e períodos literarios nos que se contextualizan (0.20
por cada resposta acertada que só puntuará no caso de que a relación entre os
tres elementos sexa correcta).
Ex.:
A Ilíada — Homero — Literatura grega
O Tartufo — Molière — Teatro clásico europeo
Contos fantásticos— ETA Hoffmann — Romanticismo
Madame Bovary— Flaubert — Realismo
O vello e o mar — Hemingway — Xeración perdida da
literatura norteamericana
3. Comentario de texto guiado (7
puntos)
Neste exercicio o alumnado deberá
responder cuestións teóricas e históricas sobre a interpretación do contido e a
forma dunha obra, a partir dun fragmento ou poema da mesma. Os
fragmentos ou poemas sobre os que versarán as preguntas ou partes deste
exercicio procederán de obras fundamentais da literatura occidental, expostas
na lista de lecturas obrigatorias.
Así pois este exercicio consistirá
na redacción globalizada dun comentario literario no que se
desenvolverán polo menos as seguintes cuestións:
1. Exposición sobre a época e
movemento literario no que se encadra o autor e a súa produción literaria (1
punto).
2.
Exposición sobre o autor e a súa produción literaria atendendo á obra
seleccionada (1 punto).
3. Detección e exposición do tema
principal do fragmento. Sentido do texto, tratamento dos personaxes, relación
do texto coa totalidade da obra á que pertence, expresión da voz poética (se se
trata dun poema) etc. (2 puntos).
4. Exposición sobre os aspectos formais do
texto (estrutura, técnicas narrativas etc. ou en poesía: estilo, métrica,
recursos retóricos etc.), explicando as funcións que os trazos detectados
cumpren dentro do fragmento ou poema proposto (1,5 puntos).
5. Comentario crítico e persoal sobre o
contido e expresión do fragmento e da obra á que pertence. Cualificarase
positivamente tamén a relación que se estableza, de forma razoada, con aspectos
e conflitos da nosa sociedade actual, a universalidade e/ou actualidade da
obra, así como a relación que poida ter a obra con outros produtos artísticos
(obras musicais, teatrais, cinematográficas, artes plásticas etc.) (0,5
punto).
6. Redacción do comentario. Valorarase ata un
punto a precisión e claridade da redacción así
como unha argumentación ben estruturada (1 punto).
.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario