CIUG

Busca en Internet

.

lunes, 24 de agosto de 2015

MODELO DE EXAME

LITERATURA UNIVERSAL
OPCIÓN A

1. Desenvolva o seguinte tema do programa: Principais novelistas da Europa do século XIX. Os personaxes femininos nalgunhas das obras máis representativas (2 puntos).


2. Relacione as obras cos seus autores e períodos (1 punto).

1
O estranxeiro
ETA Hoffmann
Teatro moderno
2
Contos fantásticos
Henrik Ibsen
Existencialismo
3
As aventuras de Tom Sawyer.
Albert Camus
Literatura romántica
4
A Ilíada
Mark Twain
Literatura grega
5
Casa de monecas
Homero
Narrativa
Norteamericana, S.XX
    








3.Elabore un comentario literario no que atenda ás seguintes cuestións (7 puntos):

3.1 Contexto histórico e sociocultural de W. Shakespeare: o autor e a súa época (1 punto).

3.2 Faga unha breve exposición sobre o autor e a súa produción literaria, atendendo á obra         seleccionada (1 punto).

3.3 Expoña o tema deste fragmento e relacióneo con outros aspectos importantes da obra: caracterización dos personaxes, cuestións como o poder, a orde social, o amor etc. (2 puntos).

3.4 Analice as características formais do texto seleccionado e da obra na súa totalidade (1,5 puntos).

3.5 Faga unha valoración persoal e crítica desta selección e de Hamlet (0.5 punto).

3.6 Redacción do comentario. Valorarase ata un punto a precisión e claridade da redacción así como unha argumentación ben estruturada (1 punto).


HAMLET Ser ou non ser, esa é a cuestión:
¿É mais nobre para o espírito sufri-los
golpes e frechas da aldraxante fortuna
ou colle-las armas contra un mar de adversidades
e facéndolles fronte pórlles fin? Morrer, durmir…
non máis. E se é certo que cun sono rematamos
cos sufrimentos do corazón e cos mil golpes naturais
que son a herdanza da carne... é un final
ferventemente apetecible. Morrer, durmir...
durmir... soñar quizais. Ei-lo atranco,
pois os soños que soñemos nese sono de morte,
unha vez despoxados desta barafunda mortal,
nos deteñen. Ei-lo pensamento
que fai a desgracia tan duradeira.
¿Quen aturaría os azoutes e mofas do mundo,
a tiranía do opresor, a aldraxe do soberbio,
as congoxas do amor rexeitado, a lentitude da xustiza,
a insolencia dos poderosos e os desdéns
que o mérito paciente recibe dos indignos
cando podería liberarse
cunha simple daga? ¿Quen soportaría estas pesadas cargas,
este penar e sufrir dunha vida traballosa
se non fose que o medo ó que hai trala morte,
rexión ignota de fronteiras
das que ningún viaxeiro retorna, espanta o ánimo
e nos fai soportar estes infortunios nosos
antes que lanzarnos a outros que descoñecemos?


                                                   William Shakespeare, Hamlet
                                          Tradución de Miguel Pérez Romero.



  

LITERATURA UNIVERSAL
OPCIÓN B

 1. Desenvolva o seguinte tema do programa: A narrativa medieval ( 2 puntos).

 2. Relacione as obras cos seus autores e períodos (1 punto).

1
Eneida
W. Shakespeare
Teatro do absurdo, S. XX
2
Macbeth
Macbeth León Tolstói
Literatura latina
3
Sherlock Holmes
Samuel Beckett
Teatro isabelino
4
Anna Karenina
Virxilio
Realismo
5
Agardando a Godot
Arthur Conan Doyle
Novela de detectives de fin do XIX


  






3. Elabore un comentario literario no que atenda ás seguintes cuestións (7 puntos):

3.1 Contexto histórico e sociocultural de Fernando Pessoa: o autor e a súa época (1 punto).

3.2 A obra de Pessoa, as súas peculiaridades e importancia dos Poemas de Alberto Caeiro nela (1 punto).

3.3 Explique o asunto do que trata este poema, a súa significación, os temas principais do poemario, o característico da voz poética e da súa filosofía etc. (2 puntos).

 3.4 Analice as características métricas, estilísticas, retóricas etc. deste poema (1,5 puntos).

 3.5 Faga unha valoración persoal e crítica sobre o poema e o poemario ao que pertence (0,5 punto).

 3.6 Redacción do comentario. Valorarase ata un punto a precisión e claridade da redacción así como unha argumentación ben estruturada (1 punto)

XLIX

Métome dentro e pecho a xanela.
Traen o candeeiro e dan as boas noites.
E a miña voz contenta dá as boas noites.
Ogallá a miña vida sexa sempre isto:
O día cheo de sol, ou suave de chuvia,
Ou tempestuoso como se acabase o Mundo,
A tarde suave e as cuadrillas que pasan
Ollados con interese dende a xanela,
O derradeiro ollar amigo dado ao sosego das árbores,
E despois, pechada a xanela, o candeeiro aceso,
Sen ler nada, sen pensar en nada, nin durmir,
Sentir a vida correr por min como un río polo seu leito,
E aí fóra un gran silencio como un deus que dorme.

                                                            Fernando Pessoa, Poemas de Alberto Caeiro



.

No hay comentarios:

Publicar un comentario