CIUG

Busca en Internet

.

viernes, 25 de septiembre de 2015

A LITERATURA BÍBLICA.

A Biblia é o conxunto de libros sacros do pobo hebreo. 
 
A Biblia está formada polo Antigo Testamento e o Novo Testamento. De eles só o Antiguo Testamente pertence á tradición hebrea xa que o principal curpus da literatura hebrea é o chamado Tanaj, que está formado polos 24 libros canónicos da tradición xudía. Estos, xunto con outro 7, conforman o Antigo Testamento na tradición cristiana católica e ortodoxa.

Destaca a tradución da Biblia ó latín realizada por San Xerónimo no século IV, que se coñece como a Vulgata.

 
1. O ANTIGO TESTAMENTO
 
O  Antigo Testamento é a primeira parte da Biblia e está integrada por un conxunto  de libros que trata temas relacionados con un tempo anterior á chegada de CristoPresenta ,en definitiva, a traxectoria do pobo xudío na Antigüedade, as súas tradicións, crenzas, concepcións morais... 
 
Contén catro clases de libros : históricos, poéticos, proféticos e sapienciais.
 
- Libros históricos: O libro principal é o  Pentateuco , que á súa vez contén cinco libros: Xénese (que describe a creación do mundo e do home); Éxodo (que relata a travesía do pobo hebreo cara á Terra Prometida baixo a guía de Moisés e coa axuda de Yahvé);  Levítico, ; Números; Deuteronomio. O Pentateuco é o conxunto dos c cinco primeiros libros bíblicos e este conxunto de cinco libros chámase Pentateuco na tradición cristiana e Tora ("Lei") na tradición xudía.  O Pentateuco relata a historia do pobo de Israel dende o orixe do universo ata a morte de Moisés. Este material narrativo, que combina mito, lenda e a recreaci´n libre de feitos históricos, contén algún dos relatos máis difundidos da nosa cultura: a Creación, Adán e Eva, Caín e Abel, Noé e o Diluvio universal, Sodoma e Gomorra, o sacrificio de Isaac, o paso do mar Vermello, a adoración do becerro de ouro,,,,O fío argumental interrúmpese por extensos textos lexislativos, que prescriben as normas civís e relixiosas que regulan a vida cotiá, a organización social e o culto. // Atribuido lexendariamente a Moisés, o Pentateuco  é o resultado da combinación ó menos de catro tradicións ou fontes escritas. Proba disto son as diferenzas de estilo, a presenza de varias versión dun memo suceso (por exemplo, dous relatos da Creación ou do Diluvio) e, incluso, os distintos modos de nomear á divinidade ( Yahvé, Elohim....).
Ademáis hai outros libros históricos máis particulares, como os libros de Josué, Rut, Samuel, Tobías, Xuíces, Judit, Ester...
 
- Libros poéticos. Trátase de textos escritos en verso nos que se expresan emocións e sentimentos. Ó menos tres libros bíblicos inscríbense plenamente dentro da lírica : os Salmos, o Cantar dos Cantares e as Lamentacións:

- Salmos: Libro lírico formado por cincuenta poemas concebidos, probablemente, para ser recitados durante o culto. Inclúe cantos de alabanza, súprica ou aacción de grazas dirixidos á divinidade. que se recitaban ou cantaban nas celebracións relixiosas. Nestas composicións poéticas que se recitaban ou cantaban nas celebraciós relixiosas, é recorrente o recurso literario do paralelismo, ademais doutras figuras como a anadiplose ou a anáfora.

Cantar de los Cantares (que aparecen baixo a forma de diálogos amorosos entre a esposa e o esposo. Se para algúns críticos estes poemas teñen certo carácter erótico para outros estes poemas han de interpretarse de modo alegórico como as relacións entre Deus e Israel ou da alma e Deus).
 
- Libro das Lamentacións:
- Libros proféticos. Os profetas eran os mediadores entre Deus e o pobo de Israel. Existen libros dos profetas Isaías, Jeremías, Ezequiel, Daniel...

- Libros sapienciais, Son os Proverbios, Eclesiastés , Eclesiástico, Libro da Sabiduría e Libro de JobRecollen ensinos morais, consellos e reflexións sobre a vida. Prentenden orientar ós receptores sobre cómo comportarse para alcanzar a felicidade eou, ó menos, evitar o sufrimento. Transmiten, polo tanto, una sabiduría práctica , a menudo en forma de sentencias ou máximas. //Polas súas cualidades literarias destacaremos o Libro de Job (V a.C.) e o Eclesiastés ( III a.C.).

- Libro de Job: Na introducción en prosa se presenta ó protagonista : un home relixioso, bo e rico, cunha vida que transcorre felizmente. Deus permite a Satanás que o probe para comprobar se lle seguirá sendo fiel a esar das desgrazas. Así, Job pere todos os seus bens, morren os seus fillos e enferma (o seu corpo está repleto de úlceras). Tras recibir a uns amigos, iníciase un largo diálogo en verso no que Job expresa o seu sufrimento e a súa incomprensión ante un Deus que causa aflición a un home xusto. No epílogo en prosa, Yahvé sana a Job, devólvelle ós seus fillos e duplica as súas pertenzas.

-Eclesiastés: Constitúe una reflexión sobre a vanidade dos bens materiais, do amor, do coñecemento e, en xeral, da vida humanam que se encamina inevitablemente cara á norte , nun mundo onde nada perdura.
 
   
Este conxunto de libros que conforman o Antigo Testamento son o resultado de un complexo proceso de redacción que se prolonga ó longo de case un milenio entre os séculos IX e II a. C., se ben os seus autores puideron inspirarse en tradicións orais moi anteriores.

A maioría foron escritos en hebreo, aínda que hai outros en arameo e en grego.

 

2. O NOVO TESTAMENTO :

- O Novo Testamento é a segunda parte da Biblia e está integrado polos libros escritos despois da vinda de Cristo. 

O Novo Testamento está formado por:

- Os catro Evanxeos (de San Mateo, San Marcos, San Lucas e San Xoan), que presentan a figura e a historia de Xesucristo. Estes catro Evanxeos son os recoñecidos pola Igrexa e conforman o canon. En contraposición a eles, atópanse os Evanxeos Apócrifos, que son textos que non son considerados de inspiración divina e que narran os feitos principais de Xesucristo. 

-Os Feitos dos Apóstolos, que relatan a propagación do Cristianismo polo mundo grego e romano. 


- As Epístolas/ ou cartas dirixidas ás distintas comunidades de fieis. 

- A Apocalipse de San Xoan. Presenta símbolos fantásticos, a intervención angélica e visións simbólicas a través das cales se expresan contidos doctrinais. 

O Novo Testamento está escrito principalmente en lingua grega,



3. INFLUENCIA DA BIBLIA NA LITERATURA OCCIDENTAL:

A Biblia exerceu unha influencia decisiva na literatura e cultura occidental, que, con maior ou menor incidencia segundo a época, non deixou nunca de estar presente en temas, xéneros, recursos...

Dentro da literatura medieval destaca a Divina comedia de Dante. O seu argumento é o percorrido que o poeta fai polo Inferno e o Purgatorio, guiado polo poeta latino Virgilio; e polo Paraíso, en compañía da súa amada Beatriz. Na obra aparecen personaxes bíblicos comoxudas, consumido polos tormentos no Inferno. 

No Renacemento o poeta místico San Juan de la Cruz presenta influencias do Cantar dos Cantares  en poemas como "Noite escura", cando describe a unión da alma con Deus de maneira alegórica. 

No século XVII Milton escribe O paraíso perdido, sobre o tema bíblico da caída de Adán e Eva. No Barroco Calderón inspírase na Biblia para os seus Autos Sacramentais.

No século XVIII o Pai Illa co seu Frei Xerundio de Campazas, satiriza aos malos predicadores da súa época nun xénero infestado de referencias bíblicas.

No século XIX, aparecen autores que desprezaban o cristianismo, o que significou unha pervivencia do relixioso cristián tratado con valor negativo. Por exemplo, en Salomé de Óscar Wilde preséntase a San Xoan Bautista como unha figura espantosa.


No século XX temos por exemplo a Rafael Alberti, que en obra surrealista Sobre os anxos presenta influencias da Apocalipse de San Xoan.


4. INFLUENCIA DA BIBLIA NA ESCULTURA, PINTURA...
"A Piedade", de Miguel Anxo.

"A última cea", de Miguel Anxo.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario