CIUG

Busca en Internet

.

sábado, 26 de septiembre de 2015

ACTIVIDADES PARA SEMANA DO 28 /09/15

Na dereita do blogue, debaixo de DÚBIDAS, hai un apartado chamado ACTIVIDADES onde colgarei todas as semanas un tema e un cuestionario para que contestedes e que os guiará para entender mellor o tema. 

Esta semana adentrarémonos na literatura grega da Antigüedade , que é un dos apartados, do tema 2. Teredes que ler o tema que precede ás actividades e logo contestar ás preguntas que se formulan . As respostas as escribiredes en casa e posteriormente as entregaredes por escrito (en folios, empregando bolígrafo azul ou negro). A entrega de actividades se poderá facer dende o luns ata o xoves (último día de entrega). Non se aceptarán as actividades entregadas o venres.

Nas actividades figurará  un folio de portada onde poñeredes os vosos datos: nome, apelidos, curso, grupo, materia. Tras este folio integraredes as vosas respostas ó cuestionario semanal. Teredes que coidar a presentación, deixando marxes superior, inferior e laterais. As respostas estarán escritas en galego e cunha redacción correcta ( expresión adecuada ó curso, sen castelanismos, sen faltas de ortografía...). En Selectividade, por faltas, poden baixarvos un punto. Nos exames deste curso baixarase 0,1 por falta ortográfica , 0,1 por dúas tildes incorrectas, 0,1 por castelanismos ou expresións incorrectas...

 Tende en conta que a entrega dos traballos é esencial para ter boa nota na materia. O exame contará o 80% . O 20% restante estará constituido polos traballos escritos/exposición oral (tedes que expoñer oralmente un tema nunha das tres avaliacións; disto xa falaremos na aula. ).

 Aproveito este post para informaros de que se fará un exame por avaliación , e unha recuperación. Os alumnos que aproben todas as avaliacións terán a materia aprobada. Aqueles ós que lles quede suspensa unha avaliación, terán que facer un exame que constará de cuestións de todas as evaluacións ( seguindo o mesmo modelo que en Selectividade).




.





No hay comentarios:

Publicar un comentario