CIUG

Busca en Internet

.

lunes, 21 de septiembre de 2015

A ODISEA, DE HOMERO


Na Odisea relátase a volta dun dos capitáns gregos, Ulises (tamén chamado Odiseo), desde Troia ata a súa patria, Ítaca. Preséntase case como unha novela de aventuras e nese sentido é máis cerana ó lector actual que a Ilíada.

   Na Odisea temos qe resaltar o gran papel concedido ás mulleres, ata o punto de que algúns investigadores cren ver algunha man femenina na redacción da obra.  Ese papel das mulleres céntrase non só en Penélope a esposa de Ulises), senón tamén noutras, comoa súa nái, que visita no Hades (o mundo dos mortos, a encantadora Circe, a bella Calipson, a xoven Nausícaa, as seresas...

A mellor arma de Ulises é o seu  mētis ou astucia. É capaz de escapar dos continuos problemas ós que que terá que enfontarse por designio dos deuses.

A estructura da Odisea divídese en 24 cantos distribuidos do seguinte modo:

-Cantos I-IV: En Ítaca viven a muller de Ulises, Penélope, e o seu fillo Telémaco. Mentras este saen en busca do seu pai, os pretendentes da nai traman a súa morte.

Cantos IX-XIII: Ulises relata as aventuras qe sufriu dende que saiu de Troia.

- Cantos XIII-XXIV: Ulises chega a Ítaca. Reencóntrase coa súa familia e criados, mata ós pretendentes de Penélope, sofoca a sublevación dos familiares dos mortos e consegue a paz final.

                                            
.
[ A Odisea  e a  súa relación con outras artes]

A repercusión da Odisea na cultura occidental pódese ver nas numerosas adaptacións e versións que o seu argumento tivo en literatura, cinema , pintura.....Ademais, legou ó idioma español os termos "odisea" e "mentor! (e termos similares noutros idiomas occidentais).

La Odisea e a literatura
  • A novela Ulises, do irlandés James Joyce, rende tributo ó antigo poema homérico cun lixeiro matiz irónico, xa que narra os feitos cotiáns que ocorren nun só día na vida do seu protagonista.
  • O viaxeiro perdido, César Mallorquí relata unha historia moderna do heroe grego.

A Odisea e o cine:
  • Ulises (1954): película dirixida por Mario Camerini, con Kirk Douglas no papel principal. Nos títulos de créditos indícanse que os exteriores están rodados nos lugares que se supoñía entón que eran os correspondentes ós nomeados na Odisea.
A Odisea e a pintura:
  •  Ulises e  as sereas, do pintor inglés Herbet Hames Draper. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario