TEMAS
Hamlet segue en moitos aspectos as convencións da traxedia de vinganza, moi popular no período isabelino. Con todo, a súa maior orixinalidade reside en que Shakespeare consegue interiorizar os conflitos, de modo que os temas fundamentais maniféstanse tanto no desenvolvemento da acción e no comportamento dos personaxes como nos seus pensamentos expresados en monólogos e diálogos.
Hamlet segue en moitos aspectos as convencións da traxedia de vinganza, moi popular no período isabelino. Con todo, a súa maior orixinalidade reside en que Shakespeare consegue interiorizar os conflitos, de modo que os temas fundamentais maniféstanse tanto no desenvolvemento da acción e no comportamento dos personaxes como nos seus pensamentos expresados en monólogos e diálogos.
En torno ó tema principal, que é o desexo de vinganza, entrelázanse ou subordinan outros temas de gran relevancia:
- A ambición de poder, causante das intrigas palaciegas , tan frecuentes no momento histórico en que se escribe a obra, que desembocarán na traizón e no fratricidio cometido por Claudio.
- A inconsistencia dos afectos humanos, patente no comportamento voluble de Gertrudis, que casa co seu cuñado pouco tempo despois de morrer o seu marido.
- A honra, directamente relacionado co tema principal, xa que a traizón ou a ofensa mancillan a honra familiar, o cal esixe vinganza segundo un código de honra comunmente aceptada na época.
- A tolemia, que está directamente relacionado co tema da responsabilidade do individuo sobre os seus actos; Hamlet finxe a súa tolemia ante a corte para atrasar as súas decisións e non levantar sospeitas; pero Ofelia cae nunha tolemia real pola que non é responsable do seu comportamentO.
- A morte, que está presente ó longo da obra segundo distintas perspectivas: produto do crime (morte do rei Hamlet), accidente (morte de Polonio), inexorable destino (Ofelia, Hamlet etc.), solución á angustia (pensamentos de Hamlet, suicidio de Ofelia), abismo descoñecido (Espectro, reflexións de Hamlet...)
- Nas accións que parecen paralelas á acción principal, pero que finalmente converxen con ela, pódense observar algúns temas secundarios:
- O amor, un sentimento ambivalente nesta traxedia, xa que Hamlet supedítao a intereses que considera prioritarios e actúa con crueldade, mentres Ofelia, con todo, vive ese aparente desamor cun desconcerto que a conduce á tolemia.
- De novo aparece a honra, encarnado agora en Laertes, quen tamén pretende restituílo tras a morte de Polonio, o seu pai, e posterioremente de Ofelia, a súa irmá.
- A rivalidade política e a guerra, que na obra concrétase nas loitas entre Noruega e Dinamarca. Esta rivalidade percíbese como lexítima e limpa, fronte ás corruptelas da corte; e, ao final, Fortimbrás, príncipe de Noruega, farase coa soberanía do reino de Dinamarca.
Todos estes temas desátanse en forzas opostas: lealdade/deslealdade, fidelidade/traizón, amor/odio, falsidade/autenticidade, aparencia/realidade, razón/instinto. Estas dualidades orixinan desgarradoras contradicións no personaxe protagonista, quen se ve sumido en dúbidas case constantemente. As súas vacilacións remiten a unha dúbida profunda sobre o ser e a existencia que ameaza con paralizarlle e sumirlle nunha angustia vital que lle fai desexar a morte.
Por iso nesta obra, o tema último cara ó que apuntan todos os demais e que é encarnado polo seu protagonista é o dilema entre deixarse arrastrar polo destino e non intervir ou exercer a liberdade individual e actuar, que se traduce na dúbida entre a inacción e a acción.
TRATAMENTO DOS PERSONAXES:
Hamlet: protagonista, príncipe de Dinamarca, fillo do defunto rei Hamlet e sobriño do actual rei Claudio, o seu tío.
Rei Hamlet (Espectro): defunto pai de Hamlet, que foi asasinado a traizón polo seu irmán Claudio e aparécese a Hamlet para revelarlle a verdade e pedirlle que execute a vinganza.
Gertrud(is): nai de Hamlet, que casa con Claudio ao pouco de morrer o seu marido.
Claudio: irmán do rei Hamlet, ao que asasinou para usurpar o trono de Dinamarca e casar coa muller do seu irmán.
Ofelia: filla de Polonio, chambelán ou conselleiro da corte; mantiña unha relación sentimental con Hamlet ata que este rexeitouna, simulando tolemia e ela, desconcertada, volverase tola de verdade e morrerá.
Polonio: chambelán do reino e pai de Ofelia e Laertes; conspira torpemente a favor de Claudio, pero é asasinado por equivocación por Hamlet.
Laertes: fillo de polonio e irmán de Ofelia; é un cabaleiro que pretende repoñer a honra da súa familia nun duelo contra o asasino do seu pai -Hamlet-, aínda que se ve envolvido na trama urdida por Claudio.
Fortimbrás: príncipe de Noruega, sobriño do rei e fillo do defunto rei Fortimbrás, que morreu na guerra contra o rei Hamlet. É un digno adversario político.
Horacio: amigo fiel de Hamlet.
Rosencrantz e Guildenstern: amigos de Hamlet, aínda que serán utilizados por Claudio para espialo e afastalo da corte.
Bernardo, Francisco e Marcelo: soldados da garda; advirten a Hamlet das aparicións do espectro.
Voltemand e Cornelio: embaixadores de Dinamarca en Noruega.
Osric: cortesán que informa a Hamlet do duelo con Laertes.
Reinaldo: criado de Polonio.
Personaxes xenéricos: Capitán noruegués; Sacerdote;; O enterrador e o seu;acompañante (clowns); Embaixadores de Inglaterra; Cómicos
Personaxes figurantes: damas, cortesáns, mariñeiros, mensaxeiros, criados, gardas, soldados...
En Hamlet os personaxes caracterízanse por varios procedementos:
Por caracterización directa, segundo os seus actos, as súas palabras e a súa forma de expresarse. É moi importante sinalar que o comportamento e o discurso do personaxe non sempre coinciden, de aí a finxida tolemia de Hamlet ou a hipocrisía de Claudio; tamén é relevante a forma de expresión de cada personaxe, que non só o caracteriza, senón que tamén revela a súa evolución: a petulancia de Polonio, a incoherencia do discuros de Ofelia cando caeu na tolemia...
Por caracterización indirecta, segundo o que uns personaxes opinan doutros. Isto dá lugar a intrigas e equívocos fundamentais na trama: Hamlet pensa que o seu tío é un traidor e un asasino, na corte pensan que Hamlet volveuse tolo...
Os trazos que caracterizan aos personaxes máis importantes son os seguintes:
Hamlet: lle corroe a dúbida que xorde de loita entre razón e paixón, entre reflexión e acción; a súa indecisión paralizadora prodúcelle unha crise profunda que lle leva á amargura, a angustia vital e á atracción pola morte; a pesar de todo, termina impoñéndose o odio e desexo de vinganza. A demora na súa acción, que canaliza coa súa finxida tolemia, constitúe un elemento fundamental na construción dramática.
Claudio: representa a ambición sen escrúpulos, a traizón, a hipocrisía, a perfidia e a ausencia de arrepentimento.
Gertrudis: representa a infidelidade (máis ben, a inconsistencia ou volubilidad dos afectos), mostra amor maternal e un indefinido sentido da culpabilidade.
Polonio: móvese por interese; é adulador, petulante e estúpido; resulta ridiculo e encarna certo contrapunto cómico.
Ofelia: encarna a obediencia, a inocencia e o sufrimento; é a vítima máis clara pola súa progresión (amada, rexeitada, orfa, trastornada e morta).
Laertes: cabaleiro con sentido da honra, amor filial e resolución para executar como vengador o código da honra (reflexo investido de Hamlet, xa que non dubida en actuar).
Rosencrantz e Guildestein: representan a amizade traizoada.
Horacio: representa a amizade e a lealdade sen límites.
Fortimbrás: encarna a nobreza, a rectitud do bo gobernante e o ardor guerreiro (proxección do que debería ser Hamlet, se o destino e el mesmo non malograsen a súa existencia).
Sepultureiros: representan a sabedoría popular; son un claro contrapunto cómico (clowns).
INTERPRETACIÓNS:
Hamlet é un drama de ideas que aparecen condensadas na acción e encarnadas polos personaxes. A súa gran densidade ideolóxica suscitou diversas interpretacións desde distintos ámbitos de pensamento: filosofía, teoloxía, política, psicoloxía, literatura comparada...
Desde unha perspectiva filosófica, a obra reflicte o escepticismo da época, que consideraba o mundo como algo caótico e inxusto, a existencia humana como unha pesada e angustiosa carga, e a morte como solución e abismo ao mesmo tempo. Este escepticismo está presente nos Essais (1590) de Michael de Montaigne, contemporáneo de Shakespeare que reacciona contra o optimismo humanista.
Desde un punto de vista relixioso, Hamlet presenta elementos católicos de raizame medieval (as mencións ao viático ou ao purgatorio ou o ritual do enterro de Ofelia) xunto a ideas protestantes como a prevalencia da vontade divina ou a predestinación.
Tamén se investigou acerca das claves políticas e históricas da obra. Aparecen motivos como a sucesión ao trono, unha posible insurrección, a preparación de contendas militares, a rivalidade con Noruega; pero, sobre todo, se satiriza a corte e ao cortesán: Elsenor é un lugar de intrigas, un estado policial con espías (Polonio, Rosencrantz, Guildesnstern) onde reina o clima de opresión, corrupción, traizón e disimulo. Como di o soldado Marcelo: "Algo cheira a podrecido en Dinamarca" (Acto I, Escena IV).
Desde a psicoloxía, Sigmund Freud, Ernest Jones e Jacques Lacan interpretaron sobre todo o comportamento do personaxe protagonista. Freud e Jones estableceron certas similitudes entre Hamlet e Edipo (o rexeitamento de Hamlet cara á súa nai escondería, segundo esta interpretación, un desexo inconsciente do fillo cara a Gertrudis, polo que nace a hostilidade cara a Claudio). Para Lacan, as dúbidas constantes de Hamlet e a súa inacción revelarían un progresivo distanciamento da realidade mediante a fantasía, o narcisismo e a psicose.
No ámbito da literatura comparada, establecéronse analoxías entre Hamlet e A vida é soño, de Calderón da Barca, xa que ambos son dramas de vinganza en que o código da honra xoga un importante papel e, sobre todo, porque son dramas de ideas cuxos protagonistas - Hamlet e Segismundo- reflicten o escepticismo da época. Tamén houbo quen viu similitudes entre o príncipe Hamlet e don Quixote, xa que ambos pretenden loitar contra a inxustiza e en en ambas as obras está presente a tolemia, aínda que de modo diferente. Con todo, o protagonista da traxedia de Shakespeare caracterízase pola dúbida paralizadora (inacción) mentres que don Quixote lánzase á acción sen pensar nas consecuencias.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario