ÍNDICE
1. INTRODUCCIÓN.
2. O ANTIGO TESTAMENTO.
2.1. QUE É O ANTIGO TESTAMENTO?
2.2. DATACIÓN E
LINGUA DO ANTIGO TESTAMENTO.
2.3. CLASES DE
LIBROS DO ANTIGO TESTAMENTO:
·
2.3.1. Libros históricos: Pentateuco, Libro de Xonás, Libro de Samuel, Libro dos Xuíces,
Libros dos Reis.
Libros dos Reis.
· 2.3.2.
Libros poéticos: Salmos, Cantar dos Cantares, Lamentacións.
·
2.3.3. Libros proféticos: Libro dos profetas Isaías, Jeremías, Ezequiel, Daniel...
· 2.3.4.
Libros sapienciais: Libro de Job, Eclesiastés, Eclesiásticos, Proverbios, Libro de
Sabiduría.
3. O NOVO TESTAMENTO
3.1. QUE É O NOVO
TESTAMENTO?
3.2. DATACIÓN E LINGUA DO ANTIGO NVO TESTAMENTO.
3.3. CLASES DE
LIBROS DO NOVO TESTAMENTO:
·
Catro
evanxeos.
·
Feitos dos Apóstolos.
·
As Epistolas.
·
A
apocalipse de San Xoán.
4. A INFLUENCIA DA BIBLIA NA LITERATURA OCCIDENTAL E NAS ARTES
.............................................................................................................................................................
1. INTRODUCCIÓN
A Biblia é o conxunto de libros sacros do pobo
hebreo, do cristianismo.
A Biblia está formada polo Antigo Testamento e
o Novo Testamento. De eles só o Antiguo Testamento
pertence á tradición hebrea xa que o principal corpus da literatura hebrea
é o chamado Tanaj, que está formado polos 24 libros canónicos da
tradición xudía. Estos, xunto con outro 7, conforman o Antigo
Testamento na tradición cristiana católica e ortodoxa.
Polo tanto, o Novo Testamento non pertence á tradición hebrea .
2. O ANTIGO TESTAMENTO
2.1. QUE É O ANTIGO TESTAMENTO?
O Antigo Testamento é a primeira parte da Biblia e está integrada por un conxunto de libros que trata temas relacionados con un tempo anterior á chegada de Cristo. Presenta , en definitiva, a traxectoria do pobo xudío na Antigüedade, as súas tradicións, crenzas, concepcións morais...
2.2. DATACIÓN E LINGUA DO ANTIGO TESTAMENTO
A maioría dos libros que conforman o Antigo Testamento foron escritos en hebreo, aínda que hai outros en arameo e en grego.
O conxunto de libros que conforman o Antigo Testamento son o resultado de un complexo proceso de redacción que se prolonga ó longo de case un milenio entre os séculos IX e II a. C., se ben os seus autores puideron inspirarse en tradicións orais moi anteriores.
2.3. CLASES DE LIBROS DO ANTIGO TESTAMENTO
O Antigo Testamento contén catro clases de libros: históricos, poéticos, proféticos e sapienciais.
2.3.1) Libros históricos:
- O Pentateuco (na tradición cristiana) ou Torá ( "Lei", na tradición xudía): Conxunto dos cinco primeiros libros bíblicos: Xénese (nome do primeiro libro do Pentateuco. que describe a creación do mundo e do home); Éxodo (nome do segundo libro do Pentateuco. Relata a travesía do pobo hebreo cara á Terra Prometida baixo a guía de Moisés e coa axuda de Yahvé); Levítico (nome do terceiro libro do Pentateuco.Relata os sacrificios, algunhas prohibicións, os impedimentos matrimoniais, os castigos de certos pecados, as disposicións sobre as festas, os diezmos…) ; Números ( nome do cuarto libro do Pentateuco. O libro toma o seu nome dos censos realizados durante o narrado do mesmo: cantidade de xefes das tribus, número de población, cantidade de homes sublevados, cabezas de gando destinadas ó sacrifizo ritual, etc. Pinta un cadro da vida e da sociedade daqueles tempos cunha forza incomparable); Deuteronomio (nome do quinto libro do Pentateuco. Recapitulación, explicación e ampliación da Lei de Moisés. O gran profeta na campiña de Moab desenrola en varios discursos a historia do pobo escollido; incúlcanse os divinos mandamentos). ). // O Pentateuco relata a historia do pobo de Israel dende o orixe do universo ata a morte de Moisés. Este material narrativo, que combina mito, lenda e a recreación libre de feitos históricos, contén algún dos relatos máis difundidos da nosa cultura: a Creación, Adán e Eva, Caín e Abel, Noé e o Diluvio universal, Sodoma e Gomorra, o sacrificio de Isaac, o paso do mar Vermello, a adoración do becerro de ouro, etc. O fío argumental interrúmpese por extensos textos lexislativos, que prescriben as normas civís e relixiosas que regulan a vida cotiá, a organización social e o culto. // Atribuido lexendariamente a Moisés, o Pentateuco é o resultado da combinación ó menos de catro tradicións ou fontes escritas. Proba disto son as diferenzas de estilo, a presenza de varias versións dun memo suceso (por exemplo, dous relatos da Creación ou do Diluvio) e, incluso, os distintos modos de nomear á divinidade ( Yahvé, Elohim....). Ademáis hai outros libros históricos máis particulares, como Libro de Xonás, Libro de Samuel, Libro dos Xuíces, Libro dos Reis, Libro de Xosué, Libro de Tobías; Libro de Rut, Libro de Judit, Libro de Ester... Moitos deles son obxecto de numerosas recreacions na música, literatura e as artes plásticas.
- Libro de Xonás: Relátase a historia dun profeta que, tras desobedecer a Yahvé , é castigado e engulido por una balea, que o vomita tras tres días e tres noites, nas que Xonás ofrece a Deus os seus votos.
- Libro de Samuel: Neste libro inclúense os episodios de David e Goliat.
- Libro dos Xuíces: Inclúense os episodios de Sansón e Dalila.
- Libro dos Reis: Inclúense os episodios do xuízo de Salomón
2.3.2) Libros poéticos:
Trátase de textos escritos en verso nos que se expresan emocións e sentimentos. Ó menos tres libros bíblicos inscríbense plenamente dentro da lírica : os Salmos, o Cantar dos Cantares e as Lamentacións:
- Salmos: Libro lírico formado por cincuenta poemas concebidos, probablemente, para ser recitados durante o culto. Inclúe cantos de alabanza, súprica ou acción de grazas dirixidos á divinidad que se recitaban ou cantaban nas celebracións relixiosas. Nestas composicións poéticas que se recitaban ou cantaban nas celebraciós relixiosas, é recorrente o recurso literario do paralelismo, ademais doutras figuras como a anadiplose ou a anáfora.
- Cantar dos Cantares: Trátase dun cantar de bodas no que una parella de esposos celebra apaixonadamente o seu amor. Aparece baixo a forma de diálogos amorosos entre a esposa e o esposo. Se para algúns críticos estes poemas teñen certo carácter erótico para outros estes poemas han de interpretarse de modo alegórico como as relacións entre Deus e Israel ou da alma e Deus .Escrito nos séculos V-IV a.C., inflúe enormemente na poesía relixiosa do escritor renacentista español San Xoan da Cruz.
- Lamentacións: Libro poético formado por cinco endechas (composición lírica de carácter fúnebre semellante á elexía) nas que a voz poética canta o seu pesar pola destrución de Xerusalén.
2.3.3) Libros proféticos:
Os profetas eran os mediadores entre Deus e o pobo de Israel. Existen libros dos profetas Isaías, Jeremías, Ezequiel, Daniel...
2.3.4) Libros sapienciais:
- Son os Proverbios, Eclesiastés, Eclesiástico, Libro da Sabiduría e Libro de Job. Recollen ensinos morais, consellos e reflexións sobre a vida. Prentenden orientar ós receptores sobre cómo comportarse para alcanzar a felicidade eou, ó menos, evitar o sufrimento. Transmiten, polo tanto, una sabiduría práctica , a menudo en forma de sentencias ou máximas. //Polas súas cualidades literarias destacaremos o Libro de Job (V a.C.) e o Eclesiastés ( III a.C.).
- Libro de Job: Na introducción en prosa se presenta ó protagonista : un home relixioso, bo e rico, cunha vida que transcorre felizmente. Deus permite a Satanás que o probe para comprobar se lle seguirá sendo fiel a pesar das desgrazas. Así, Job perde todos os seus bens, morren os seus fillos e enferma (o seu corpo está cheo de úlceras). Tras recibir a uns amigos, iníciase un largo diálogo en verso no que Job expresa o seu sufrimento e a súa incomprensión ante un Deus que causa aflición a un home xusto. No epílogo en prosa, Yahvé sana a Job, devólvelle ós seus fillos e duplica as súas pertenzas.
- Eclesiastés: Constitúe una reflexión sobre a vanidade dos bens materiais, do amor, do coñecemento e, en xeral, da vida humana que se encamiña inevitablemente cara á morte, nun mundo onde nada perdura.
3. O NOVO TESTAMENTO
A Biblia, o libro sagrado do cristianismo, como xa
sinalamos anteriormente, consta de dúas partes: o Antigo
Testamento e o Novo
Testamento. Deles, só
o Antigo Testamento pertence á tradición hebrea. O Novo Testamento non pertence
á tradición hebrea.
3.1. QUE É O NOVO TESTAMENTO?
- O Novo
Testamento é a segunda
parte da Biblia e está
integrado polos libros escritos despois da vinda de Cristo. Está centrado na vida e na mensaxe
de Xesús de Nazaret.
3.2. DATACIÓN E LINGUA DO NOVO TESTAMENTO
Todos os libros que constitúen o Novo
Testamento están escritos en
grego (e non en
hebreo) e todos eles foron redactados, probablemente, na segunda metade
do século I d.C.
3.3. LIBROS DO NOVO TESTAMENTO
O Novo Testamento está formado polos seguintes libros: os Evanxeos, os Feitos dos
Apóstolos, as Epístolas e a Apocalipse de San Xoan.
- Os catro Evanxeos (Mateo, Marcos, Lucas e Xoan), que presentan a figura e a historia de Xesucristo. Estes catro Evanxeos son os recoñecidos pola Igrexa e conforman o canon. En contraposición a eles, atópanse os Evanxeos Apócrifos, que son textos que non son considerados de inspiración divina e que narran os feitos principais de Xesucristo.
- Os Feitos dos Apóstolos, que relatan a propagación do Cristianismo polo mundo grego e romano.
- As Epístolas ou cartas dirixidas ás distintas comunidades de fieis.
- A Apocalipse de San Xoan. Presenta símbolos fantásticos, a intervención anxélica e visións simbólicas a través das cales se expresan contidos doctrinais.
4. INFLUENCIA DA BIBLIA NA LITERATURA OCCIDENTAL E NAS ARTES
- Na literatura e cultura occidental,a Biblia exerceu unha influencia decisiva, que, con maior ou menor incidencia segundo a
época, non deixou nunca de estar presente en temas, xéneros, recursos...
Dentro da literatura medieval destaca a Divina
comedia de Dante. O seu argumento é o percorrido que o poeta fai polo
Inferno e o Purgatorio, guiado polo poeta latino Virxilio; e polo Paraíso, en
compañía da súa amada Beatriz. Na obra aparecen personaxes bíblicos como Xudas,
consumido polos tormentos no Inferno.
No Renacemento o poeta místico San Xoan da Cruz
presenta influencias do Cantar dos Cantares en poemas como "Noite
escura",
cando describe a unión da alma con Deus de maneira alegórica.
No século XVII Milton escribe O paraíso perdido,
sobre o tema bíblico da caída de Adán e Eva. Tamén na época do Barroco, Calderón da Barca inspírase na Biblia para os
seus Autos Sacramentais.
No século XVIII o Pai Illa co seu Frei Xerundio
de Campazas, satiriza aos malos predicadores da súa época nun xénero
infestado de referencias bíblicas.
No século XIX, aparecen autores que desprezaban o
cristianismo, o que significou unha pervivenza do relixioso cristián tratado
con valor negativo. Por exemplo, en Salomé de Óscar Wilde
preséntase a San Xoan Bautista como unha figura espantosa.
No século XX temos por exemplo a Rafael Alberti,
que na obra surrealista Sobre os anxos presenta influencias
da Apocalipse de San Xoan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario