Deste modo recordarás mellor os
apartados que imos a abordar e será un esquema útil para memorizar esta unidade
referida á narrativa medieval.
2ª) Elixe unha das dúas opción e
faina: a) Copia o tema completo: “A narrativa Medieval”; b)Responde ás cuestións
sobre a narrativa medieval . Se elixes a segunda opción, terás que
contestar ás cuestións que se plantexan a continuación dende o apartado 1.1.
ata o apartado 4.4 (que é o último):
CUESTIÓNS
SOBRE A NARRATIVA MEDIEVAL
1.[INTRODUCCIÓN]
1.1.Nesta unidade imos a coñecer a narrativa medieval.
Polo tanto tes que ter claro o que é narrativa e en que periodo está a Idade
Media. A narrativa inclúe aqueles textos
nos que un narrador (voz distinta á
do autor que aparece no texto) relata unas accións
relacionadas por uns personaxes
nun espazo e tempo determinado. Polo
tanto, en toda narración hai 5 elementos: narrador, acción ou historia,
personaxes, espazo e tempo. Lembra o anterior e contesta: Que elementos inclúe unha narración?
1.2.Fala da datación da Idade Media. (Datación histórica e
literaria : Entre que datas históricas se inclúe a Idade Media? Entre que
épocas ou etapas literarias se inclúe a Idade Media?)
1.3.É a Idade Media unha etapa literaria máis brillante en autores e
obras que a Antigüedade grecolatina e o Renacemento?
1.4.Que función tiñan as ordes monásticas na Idade Media?
1.5.Aparecen na Idade Media as primeiras universidades?
1.6.Que tres tendencias narrativas temos na Idade Media?
2.[ A ÉPICA MEDIEVAL]
2.1. Que é é a épica medieval?
2.2.Relata a épica medieval a fazaña de heroes?
2.3.Estaban escritas as narracións épicas medievais en verso ou en
prosa?
2.4. Recitábanse e cantábanse as fazañas dos héroes da épica medieval?
2.5.Eran cultos os autores das narracións épicas medievais?
2.6.Por que combinan os textos épicos medievais recursos orais ou da
oralidade ( comentarios do narrador, fórmulas fixas, repeticións…) con trazoss
de estilo propios de cada autor
2.7. En que dous focos diundiuse a narrativa épica medieval na
literatura occidental? Que épicas inclúense en cada foco?
2.8. [A ÉPICA ANGLOSAXONA: O BEOWULF ] A obra épica anglosaxona máis
importante é o Beowulf. Di todo o que
saibas sobre sobre esta obra épica anglosaxona.
2.9. [A ÉPICA ISLANDESA E ESCANDINAVA: OS EDDA E AS SAGAS] A épica islandesa e escandinava está constituida
por os Edda e as Sagas. Di todo o que
saibas sobre estas dúas obras épicas.
2.10.[ A ÉPICA ALEMÁ : CANTAR DOS
NIBELUNGOS] A obra cume da épica medieval alemá é o Cantar dos nibelungos. Di todo o que saibas sobre esta obra.
2.11. [ A ÉPICA FRANCESA: CHANSON
DE ROLAND] A obra máis importante da épica medieval francesa é a Chanson de Roland (Cantar de Roldán). Di
todo o que saibas sobre esta importantísima obra.
3.1.A segunda tendencia narrativa medieval está formada por as
narracións de tema cabaleiresco. Sobre que asuntos tratan este tipo de
narracións?
3.2. Cal é o antecedente literario das narracións de tema cabaleiresco?
3.3. Que outro nome recibieron as narracións de tema cabaleiresco na
Idade Media?
3.4. Na Idade Media , as narracións de tema cabaleiresco, céntranse na
materia de Bretaña ou “ciclo artúrico”. Por que se chama “artúrico” a este
ciclo?
3.5.Quen era o rei Arturo (ou Artús)?
3.6. Cal foi o nome do monxe que escribe no século XII, en latín, a Historia dos reis de Bretaña sobre a
lenda do rei Arturo?
3.7.Quen traduciu a obra anterior?
3.8. Escribe 7 elementos
principais do ciclo artúrico, e escribe sobre cada un deles.
3.9.Cal é dos sete elementos do ciclo artúrico o que che gusta máis? Por
que?
3.10. Coñeces algunha película relacionada co ciclo artúrico? Se a
resposta é negativa, podes buscar información en Internet sobre algunha película entorno a algún dos
elementos do ciclo artúrico ( Excalibur, Camelot, os cabaleiros da Táboa
Redonda, o rei Arturo, o mago Merín, etc.).
3.11. Quen da súa familia quere acabar con Arturo?
3.12. Escribe sobre a relación entre o ciclo Artúrico e Galicia.
3.13. Como se chama o autor francés que dá forma o ciclo artúrico,
recollendo a tradición que viña de Godofredo de Monmouth e de Wace, e elabora
unha serie de novelas sobre aqueles
asuntos cabaleirescos?
3.14. Escribe o nome de dúas obras de Chrètien des Troyes e indica de
que trata cada unha.
4.1.A terceira tendencia tendencia narrativa medieval está formada por
contas e narracións curtas. Indica os títulos de contos e narracións
curtas da : a) literatura francesa (3
obras), b) literatura inglesa (1 obra), c) literatura italiana (1 obra).
4.2.Di todo o que saibas sobre estes contos e narracións curtas da
literatura francesa medieval: Fabliaux,
Roman de Renart e Roman de la Rose.
4.3. Di todo o que saibas sobre estes coñecidísimos contos da literatura
inglesa medieval: Contos de Canterbury
, de Geoffrey Chaucer.
4.4. Responde ás seguintes cuestións sobre a célebre narración medieval
francesa: Decamerón, de Bocaccio.
a)
En que século se escribe?
b)
Quen é o seu autor?
c)
Por cantas novelas ou relatos breves está
composta?
d)
Por cantas persoas está narrada esta obra?
Quen son esas persoas que narran a obra?
e)
Completa: Os dez mozos que narran os relatos
breves reúnense ó longo de
……………………(número) de xornadas nos arredores da cidade de …………………………………..fuxindo
da ………………………..
f)
O libro responde á técnica da narración
enmarcada. En que consiste esa técnica?
g)
A quen se dirixe o autor no prólogo e na
conclusión da obra? Cal é o propósito do autor cara a eses receptores?
h)
No Decamerón detállanse os horrores da peste de
……………………………, preséntase ós dez mozos narradores e descríbese o lugar onde se
atopan con trazos propios do tópico “………………………………………………………” (lugar ameno onde
hai un verde prado percorrido por un río, árbores que proporcionan unha sombra
grata mentres se escoita o canto dos paxaros).
i)
Os dez mozos relatan durante dez días …………………….(nº) relatos autónomos.
j)
Algúns deses relatos contados polos mozos
inclúen, á súa vez, un …………………………….. narrado por un dos personaxes para
xustificar os seus actos ou para exemplificar unha idea, segundo o procedemento
das caixas ……………………………………
k)
Cal son os temas do Decamerón, de Bocaccio?
l)
Cal é a finalidade da obra de Bocaccio?
m)
É realista a súa descrición dos personaxes?
n)
Son os seus protagonistas heroes, cabaleiros
ou representantes da burguesía?
No hay comentarios:
Publicar un comentario